II Xornadas de Percusión Tradicional
Martes, 14 Marzo 2017 16:24
O vindeiro 2 de abril en Pontevedra terá lugar un curso de 7 horas de duración impartido polo percusionista Andrés Vilán
Haberá dúas modalidades de participación: como alumno activo (40 €) e como oínte (15 €). Indicar a modalidade ao facer a inscrición.
Para a primeira modalidade só son necesarios uns coñecementos básicos sobre agarre, golpeo e ritmos tradicionais galegos. Dirixida, principalmente, a tamborileiros de calquera nivel (desde inicial ata avanzado), percusionistas en xeral ou gaiteiros con coñecementos de percusión.
Para a segunda modalidade non é necesario ningún requisito. Dirixida, principalmente, a gaiteiros sen coñecementos (ou moi poucos) de percusión, músicos de calquera instrumento ou afeccionados á música.
Os alumnos activos é conveniente que leven tambor e baquetas.
Os alumnos oíntes disporán do mesmo material que os activos, poderán preguntar, pero non participar nos exercicios prácticos.
Prazas limitadas (segundo orde de inscrición).
Xantar opcional.
Inscrición e información:
Teléfono: 639908788.
e-mail:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Organiza: A.C. Gaiteiros das Rías Baixas.
Colaboran: Casa da Cultura de Lérez, Carlos do Viso e Missom.