Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Presentación en Lugo do novo disco de Milesios, indoevindo.

Presentación en Lugo do novo disco de Milesios, indoevindo.

Varios

indoevindoO vindeiro venres día 24 de febreiro de 2017, ás 21 horas, o grupo de música folk MILESIOS presentará o seu novo traballo discográfico, titulado indoevindo, na Casa do Saber, en Lugo, dentro do ciclo Lubicán, organizado grazas ao convenio Lugo Cultural.

O novo libro-CD contén once pezas, unha paisaxe sonora e dúas propinas e a música está ilustrada con fotografías de Daniel Díaz Trigo. Tamén de Daniel Díaz son os vídeos promocionais publicados:
https://youtu.be/X_dyoorLr5M
https://youtu.be/P47zqElScEU