Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / Xornadas de baile e percusión tradicional para pechar o ano

Xornadas de baile e percusión tradicional para pechar o ano

AGG

Para poñer o broche final ao traballo deste ano 2016, dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organizamos na vindeira fin de semana dúas actividades, unhas Xornadas de Percusión Tradicional, que terán lugar no Local Social Lar (Poblado As Veigas – Concello As Pontes – A Coruña) e unhas Xornadas de Baile Tradicional que terán lugar na casa Común de Oza (Concello de Teo - A Coruña).
Estas xornadas contan co patrocinio da Deputación da Coruña, e coa colaboración do grupo de empresa Endesa (As Pontes ) e do Concello de Teo.

x.percusionteo2 web2XORNADAS DE PERCUSIÓN – AS PONTES
No seu afán de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, a AGG organiza estas xornadas sobre Percusión Tradicional que terán de protagonistas ao tambor e ao bombo na xornada do sábado, e á percusión de man na xornada do domingo.
Contaremos con obradoiros prácticos da man de expertos no mundo da percusión como  Francisco Estevez “Chuco”, Marcos Saburido “Kinhos”, Gustavo Couto, Xose Lois Romero, Denise Silva e Felisa Segade.
Tamén contaremos con concertos ao remate de cada día.

PROGRAMA:

Sabado 17 de decembro
10.20 horas - Entrega de documentación e apertura.
10.30 horas – Obradoiro de bombo con pratos - Gustavo Couto.
13.30 horas – Descanso Xantar
15.30 horas – Obradoiro de regraxe da percusión – Marcos Saburido “Kinhos”.
17.30 horas – Obradoiro de técnica de tambor e bombo – Francisco Estévez “Chuco”.
20.30 horas – Concerto

Domingo 18 de decembro
10.30 horas – Obradoiro  multipercusións – Xose Lois Romero.
13.30 horas- Descanso Xantar
15.30 horas- Obradoiro de toques de pandeireta na zona dos Ancares – Denise Silva
17.30 horas- Obradoiro de pandeira – Felisa Segade.
20.30 horas – Concerto Bouba pandereteiras.

INSCRICIÓNS: As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto, e se a inscrición é para o sábado, para o domingo ou para os dous días.
Estas xornadas son de balde e @s alumn@s deberán levar os seus instrumentos para os obradoiros.
As prazas son limitadas por orde de inscrición,  Animádevos a participar!!!

cartaz xbaileteo_1_web2XORNADAS DE BAILE – TEO
Tamén dende a Asociaci@n de Gaiteir@s Galeg@s organizamos unhas novas xornadas para tod@s os amantes do baile tradicional que terán lugar os vindeiros 17 e 18 de decembro na Casa Común de Oza, no concello de Teo, A Coruña.
Nestas xornadas, que naceron coa intención de cubrir a demanda existente por parte d@s nos@s asociad@s e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, haberá dúas opcións, unha para iniciarse no mundo do baile tradicional, e outra para un nivel máis avanzado.
Contaremos con relatorios e obradoiros da man de Marcos Botana, Rebeca Tallón, Francisco Javier Feijóo “Xisco”, Manolo Cobas ou Olga Kirk, e cun concerto para o remate da xornada.

PROGRAMA:
Sabado 17 de Decembro (iniciación)
16.15h – Entrega de documentación e apertura
16.30h – Obradoiro.  Por Marcos Botana:  Muiñeira
18.15h – Descanso
18.30h –Obradoiro. Por Rebeca Tallón: Bailas unha xota?

cartaz xbaileteo_2_web2Domingo 18 de Decembro (avanzado)
10.15h – Entrega de documentación e apertura
10.30h – Relatorio + Obradoiro. Por Manolo Cobas
O baile na Fonsagrada
12.15h – Descanso
12.30h – Relatorio + Obradoiro. Por Olga Kirk.
Sobre o baile na zona da Limia ourensana
14.30h – Xantar
16.30h – Obradoiro teórico-práctico. Francisco Javier Feijóo “Xisco”
Protocolos nos bailes populares galegos.
18.30h – Concerto

INSCRICIÓNS: As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto, e se a inscrición é para o sábado, (Iniciación) ou para o domingo (avanzado).
Estas xornadas son de balde. As prazas son limitadas por orde de inscrición,  Animádevos a participar!!!