Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Encontros de folclore en Rianxo

Encontros de folclore en Rianxo

Festivais, Foliadas, Romarías

 encontros folcloreA tradición ábrese paso en Rianxo

Vai de Roda ofrecerá tres xornadas con un festival folclórico, foliada, bailes na rúa e unha gran mostra de traxes antigos e mantóns.

Do venres 4 ao domingo 6 a tradición abrirase paso en Rianxo da man dos Encontros de Folclore, unha nova iniciativa que busca poñer en valor o acervo cultural promovida pola asociación Vai de Roda, coa colaboración do Concello de Rianxo, a Deputación e a Xunta.

As actividades comezarán o venres, coa apertura da exposición Entre liño e pano fino no Auditorio. O que naceu coa idea de ser unha pequena mostra «converteuse en algo moi vistoso, segundo iamos recibindo achegas de mans privadas» conta o presidente de Vai de Roda, Daniel Pereiras.

(Para ler a nova completa clic no título)

Así, ata o día 19 exhibiranse no recinto municipal preto de vinte manequíns con vestiario tradicional. Un 90% das pezas serán antigas e, o resto, feitas con teas e patróns de época pero de nova confección. E, entre eles, «haberá verdadeiras xoias, como traxes bordados do século XIX», engade Pereiras.

A exposición incluirá, ademais, complementos coma xoiería ou unha trintena de mantóns de Manila e isabelinos. «Outro aspecto importante é que reunimos vestiario de toda Galicia, dende os montes Ancares, ao Caurel, pasando pola mariña lucense e tamén tocando con Portugal», destaca Pereiras, quen recoñece que o fondo expositivo obtido superou amplamente as súas previsións.

Media ducia de grupos

As actuacións sucederanse na fin de semana, con media ducia de grupos en cartel. O sábado participarán a Banda de Gaitas Picos de Europa de Cabrales (Asturias), as agrupacións de música e baile tradicional Tahume (Olveira) e Vai de Roda (Rianxo) e o dúo Os Rosales (Rianxo) nun festival no Auditorio con entrada libre (as invitacións deberán recollerse na billeteira dende unha hora antes do comezo, que será ás 19.00 horas). Xa pola noite haberá unha foliada aberta, á que asistirán grupos de distintos puntos de Galicia.

E, para rematar, o domingo ás 13.00 terá lugar la praza Rafael Dieste unha sesión na rúa na que intervirán de novo os gaiteiros de Picos de Europa, a charanga tradicional de Vai de Roda e a coral Os Cincuenta de Laraño.

Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/