Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / XXVIII Xuntanza de Gaiteir@s - 2016 - Homenaxe á Asociación de Gaiteir@s Galeg@s

XXVIII Xuntanza de Gaiteir@s - 2016 - Homenaxe á Asociación de Gaiteir@s Galeg@s

Varios

cartaz fene peqO sábado día 29 de outubro de 2016 a partir das 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XXVIII Xuntanza de Gaiteir@s, actividade que organiza tódolos anos dende o 1988. Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, aproveitan a ocasión para realizar unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracterizou por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música tradicional.

Nesta XXVII Xuntanza homenaxearán á nosa Asociación de Gaiteir@s Galeg@s

Nesta XXVIII Xuntanza participará o grupo de cantareiras “Xerfa”, “Os Carunchos” “Os Minhotos”, “Airiños de Fene” e antigos e actuais directivos da AGG como: Pepe Ferreirós, Raúl Galego, Xan López, Xaneco Tubío, X. Olimpio Xiráldez, Erea Estévez, Gustavo Couto, Pedro Magariños, Alberto Pires, Vitor Otero e Daniel Fernández. A Xuntanza será presentada por Antonio Raposo.

Gustaríanos contar coa túa presenza, o sábado día 29 de outubro as 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), para que todos xuntos poidamos participar e disfrutar nesta festa na defensa da nosa música, canto e baile, así como na homenaxe á Asociación de Gaiteir@s Galeg@s.