Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / AGG / ​Dous directivos da AGG gañadores do Premio de artesanía "Antonio Fraguas Fraguas"

​Dous directivos da AGG gañadores do Premio de artesanía "Antonio Fraguas Fraguas"

AGG

pabloHoxe queremos sumarnos ás felicitacións ao noso directivo Pablo Carpintero, gañador do XI Certame de artesanía “ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS” na categoría tradicional coa reprodución da gaita de fol da Cantiga 350 de Santa María.
Este Certame, convocado pola Deputación de A Coruña cada dous anos, xa fora gañado na súa edición anterior por outro dos directivos da AGG, Xaneco Tubío, coa "Carneifona", unha reinterpretación dunha zanfoña galega antiga, usada polo cego de Carelle.

Parabéns!