A AGG retransmitirá en directo as IV Xornadas arredor da Música Tradicional
Venres, 23 Setembro 2016 12:15
Conscientes da importancia de dar a coñecer a cultura tradicional, dende a Asociación de Gaiter@s Galeg@s, quixemos facer un esforzo extra e apostamos por darlle a estas xornadas a maior difusión imaxinable, co fin de, non só chegar ao maior número de xente posible, senón tamén para poñer de manifesto a importancia que teñen os traballos de investigación para poder coñecer, afondar e transmitir as tradicións dos pobos.
Por iso, convidamos a todas as persoas que queiran saber mais da cultura tradicional a que sigan en directo, mañá sábado 24 de setembro, a través da nosa web www.gaiteirosgalegos.gal os contidos das IV Xornadas arredor da Música Tradicional.
PROGRAMA:
10.15 – Apertura e entrega de documentación
10.30 – Relatorio I
“O repertorio acompañado de pandeiro cadrado na Galiza”.
Julia Feijóo
11.20 – Quenda de preguntas
11.30 – Relatorio II
“¿Por que os Gaiteiros empeñámonos en tocar desafinados? Novas entoacións para arranxar problemas vellos”.
Carlos Real
12.20 – Quenda de preguntas
12.30 – Descanso
13.00 – Relatorio III
“Reconstrución da gaita de fol da Cantiga 350”.
Pablo Carpintero
13.50 – Quenda de preguntas
14.00 – Xantar
16.30 – Presentacións de publicacións
16.30 – “Acordeón diatónico tradicional e folk galego”.
Alejandro Balbuena
16.50 – “Método de acordeón diatónico”.
Pedro Blanco
17.10 – “Antón Corral, alborada dun soño”.
Pablo Quintana (Ed. Canela). Coa participación da autora Fina Fernández e o protagonista Antón Corral.
17.55 – Presentación - Concerto
“Tamborileros Leoneses. El Bierzo". Luis Mondelo
18.35 – Descanso
18.45 – Relatorio IV - Concerto
“La colla de xeremiers. Origen i evolución”.
Càndid Trujillo & Pep Toni Rubio
20.15 – Peche
Toda a información sobre os contidos no evento das xornadas: