Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Quempallou en concerto na Praza de Baamonde

Quempallou en concerto na Praza de Baamonde

Varios

quempallou webQuempallou en concerto na Praza de Baamonde (Begonte, Lugo). A actuación está programado para as 23 horas do venres 23 de setembro na Praza de Baamonde e está incluído dentro do Verán Cultural 2016 da Deputación de Lugo.

Quempallou é unha das referencias fundamentais no panorama da música tradicional e folc de Galicia nos últimos vinte anos. Formados no ano 1999 con integrantes da zona da montaña lucense e das rías baixas, montaña e mar, O Incio e Bueu misturando xeitos de tocar e de ver a nosa música tradicional. A formación foi, no seu momento, toda unha revolución, xuntando as gañas de facer festa, co compromiso social; capaces de encher o torreiro cunhas letras cargadas de intencións. Na actualidade Quempallou está formado por Roi Maceda, no acordeón; Guillerme Ignacio, na gaitas, frautas e voz; Isaac Millán, no bouzouki e guitarras; Roi Adrio, nas percusións e Rubén Trotiño nas gaitas e clarinete.