Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / XXIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional

XXIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional

AGG

pardias2016 peqOs vindeiros días 6 e 7 de agosto a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza a que será a 23 edición da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional.

Consagrada xa como a máis antiga e importante da Península Ibérica, servirá un ano mais, para amosar durante dous días o traballo e o bo facer de algúns dos artesáns mais recoñecidos no eido dos instrumentos tradicionais, e que contribúen, co seu traballo, á posta en valor e a recuperación do gran patrimonio cultural da nosa música.

Estes artesáns traballan día a día no desenvolvemento de novas liñas de investigación destinadas a especializar e perfeccionar técnicas de elaboración que permitan mellorar a calidade dos seus produtos, contribuíndo deste xeito a que a artesanía dos nosos instrumentos tradicionais sexa recoñecida e valorada no mundo enteiro.

Con esta mostra queremos non só resaltar a inmensa riqueza dos nosos instrumentos tradicionais, senón tamén recoñecer o gran traballo do colectivo artesán, que tanto e tan ben contribúen a manter viva a nosa cultura.

Como nas pasadas edicións non faltará a música e o baile tradicional, que estarán presentes durante toda a fin de semana a través de actuacións en directo e obradoiros.

Enmarcada dentro do Festival de Pardiñas (Guitiriz – Lugo), queremos convidarte a desfrutar deste lugar de encontro coa nosa cultura tradicional.

Páxina da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional