A Tradescola impartirá un obradoiro sobre programas informáticos aplicados á música tradicional
Venres, 27 Maio 2016 14:13
A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, organiza o domingo 5 de xuño de 11:00 a 14:00 horas, no 1º andar do Centro Lug2, un obradorio sobre programas informáticos aplicados á música tradicional (Musescore Software libre) guiado pola músico e mestra da Tradescola Mª Carmen Saborido (Menchu)
Este obradoiro está dirixido a tod@s aqueles que desexen iniciarse na edición de partituras mediante o uso dun programa de software libre como é o Musescore.
Tratarase:
Descarga e instalación do programa Musescore.
Coñecemento xeral do programa.
Creación de partituras.
Modificación de partituras.
O midi e o pdf.
¡Aberto prazo de inscrición!
A inscripción é gratuíta e as prazas son limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula). Podes anotarte chamando ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou mesmo achegandose ata a Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.
É necesario que cada quen leve o seu seu ordenador portátil xunto cuns auriculares.