Asociacion de Gaiteiros Galegos

Tradescola

 02-cartaz o pandeiro trad2016A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, organiza o domingo 12 de xuño, no salón de actos do Centro Lug2 - Tradescola, un obradorio de técnicas avanzadas de pandeiro galego guiado polo estudoso e investigador do folclore galego Luis Prego.

Neste obradoiro @s asistentes aprenderán as bases técnicas do pandeiro, as prácticas tradicionais que chegaron aos nosos días, as variantes locais.

O curso terá unha duración total de 6 horas, de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas, e contará co seguinte programa:

 (Para ler a nova completa clic no título)

Desenrolo teórico:

  1. O pandeiro no folclore galego. Situación no pasado e na actualidade.
  2. Organoloxía do instrumento. Contextualización xeográfica.
  3. Función e rítmica.
  4. Grabacións históricas.
  5. Visualización de vídeos documentais de traballos de campo feitos nas provincias de Pontevedra e Ourense, nos que se amosan as diversas técnicas tradicionais de tocar e suxeitar o pandeiro, atendendo ás variantes locais.

Desenrolo práctico:

  1. Posturas para coller o pandeiro. Estilo persoal, xeito e acomodación para tocar. Diversos tipos de pancadas.
  2. Ritmos e cadencias a 6/8 para o baile solto, toques a dúas mans.
  3. Ritmos a ¾ para o baile solto, toques a dúas mans.
  4. Toques a dúas mans para o baile agarrado.
  5. Toques a unha man.
  6. Prácticas de canto.

¡Aberto prazo de inscrición!

A inscripción ten un custo de 20'00€ (15'00€ si eres soci@ da AGG) e as prazas son limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula). Poden anotarse tod@s @s percusionistas que o desexen chamando ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou mesmo achegandose ata a Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.

É necesario que cada quen leve o seu instrumento.