II Xuntanza folc Follas de Olivar na Insua
Martes, 24 Maio 2016 15:41
O vindeiro 11 de Xuño Os Xeitosos da Insua organizan a II Xuntanza folc Follas de Olivar.
O evento terá lugar na Insua, Ponte Caldelas (Pontevedra) e comezará as 12:30 horas coas actuacions dos grupos locais "Nos Tamen Imos" e "Amoras Maduras".
Pola tardiña Marcelo Do Bode, músico e divulgador da tradición galega, traerá os seus contos musicados para disfrute de nen@s e maiores. Ademais, poderemos seguir gozando da música tradicional coas actuacións da Escola de Baile Tradicional "Trouleadas" do CEIP Manuel Cordo Boullosa dirixida por Luis Prego e Os Xeitosos da Insua quenes poran a nota musical na Xuntanza.
Como guinda deste evento, bailaremos, cantaremos e disfrutaremos con dous dos grandes grupos de musica tradicional de Galicia como son Os Melidaos e Zurrumalla.
Ao remate dos concertos continuaremos á festa cun gran seran ao que non podedes faltar.
A xuntanza contará con postos de Artesania, cantina con comidas e pulpeira.