Muras acolle a primeira Romaxe Artesá da Chaira
Martes, 24 Maio 2016 14:50
O Concello de Muras, en colaboración coa asociación Obradoiros Artesáns da Terra Chá, organiza o sábado 28 deste mes a primeira Romaxe Artesá da Chaira, unha cita que nace con vocación de permanencia e que pretende "reivindicar a vida non rural", tal e como asegurou o rexedor, Manuel Requeijo, na presentación desta nova cita.
"Queremos que sexa un punto de encontro para os veciños dentro das distintas actividades de dinamización que promovemos", dixo o rexedor, que asegurou que viron na colaboración coa asociación de artesáns chairegos "unha grande oportunidade" para demostrar que "dende o rural pódense facer actividades sostibles".
"É a primeira, pero contamos con todos e todas para que sexa un éxito. Artesanía, obradoiros, música, boa gastronomía… non tedes excusa para faltar, ata haberá buses gratuítos dende Lugo, Viveiro e As Pontes nesta xornada de festa que recolle El Progreso."
Podedes descargar o programa premendo na nova: Programa