Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / II SEMINARIO SOBRE PALLETAS E PALLÓNS PARA GAITA GALEGA

II SEMINARIO SOBRE PALLETAS E PALLÓNS PARA GAITA GALEGA

AGG

O vindeiro DOMINGO 29 DE ABRIL , vaise a celebrar en MELIDE, o "II SEMINARIO SOBRE PALLETAS E PALLÓNS PARA GAITA GALEGA" organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración coa Asociación Cultural e Musical O Castelo.

A Asociación de Gaiteiros Galegos con este seminario quere facer especial fincapé no tema das palletas e pallóns e a estreita relación que esta actividade ten coa construción e a interpretación do instrumento. Agardamos que se cree un ambiente propicio para que se dea un proceso de intercambio de ideas e opinións acerca dun tema que, en moitas ocasións, é obviado ou non ten acadado a atención que merece por parte de estudosos, artesáns e intérpretes da música tradicional e que, sen embrago, é fundamental para a perpetuación dun dos instrumentos máis emblemáticos da nosa cultura.

Abordaranse temas fundamentais e problemáticos tanto para artesáns como para intérpretes que xiran en torno a afinación da gaita e todo se fará baixo os garantes que proporcionan o coñecemento e a amplísima experiencia como é a que teñen os participantes neste seminario: Antón Corral , X. Manuel Gil, J. Luis Carballo Enríquez e Juan Brea.

Se queredes máis información sobre o seminario, podedes poñervos en contacto coa Asociación no teléfono 986 847 074 ou ben mandando un correo electrónico a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Programa do seminario PROGRAMA DO SEMINARIO

1º Relatorio: Antón Corral e Xosé Manuel Gil (11:00-11:45)

*Adecuación da palleta ao tipo de punteiro. Relación entre os constructores de gaita e os palleteiros.
*Como empalletar un punteiro. Operacións de axuste.
*Efectos da humidade e temperatura sobre a palleta e o punteiro.
*Os pallóns para a gaita galega.

2ª Relatorio J.L. Carballo Enríquez e Juan Brea (12:00-12:45)

*Tipos de palletas, partes e dimensións.
*Os materiais para a fabricación dunha palleta.
*Pallóns de cana.
*A man do artesán. A importancia do coñecemento do punteiro á que vai destinada