Asociacion de Gaiteiros Galegos

Tradescola

mosaico2O IV certame de debuxo "Os instrumentos da Música Tradicional Galega" é unha iniciativa posta en marcha pola Tradescola coa colaboración da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

A finalidade desta actividade, dirixida a case 2.000 nen@s de primeiro, segundo e terceiro de primaria dos centros de ensino do Concello de Lugo, é potenciar e difundir entre @s máis pequen@s a música tradicional galega, axudar a que coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural dende os primeiros anos, fomentando actitudes de respeto e valoración da mesma.

Na Tradescola, na Rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo podes visitar a exposición dos case 860 debuxos entregados, estará aberta ao público de Luns a Venres en horario de 9:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas ata o vindeiro 31 de Maio. A tod@s @s participantes queremos darlles a noraboa polos fantásticos debuxos que nos achegaron!!!!!!!

Ademais, como nota especial, a Tradescola deseñou este mosaico con todos os debuxos participantes que podedes descargar facendo clic aquí. Atopache xa o teu debuxo!?!?

 (Para ler a nova completa clic no título)

Nesta IV edición do certame o xurado; composto pol@s mestres da Tradescola, escolleron 10 debuxos finalistas que recibirán como agasallo un lote de produtos, dos que un (o debuxo gañador), recibirá ademáis un premio consistente na matricula gratuíta dunha materia na Tradescola para o curso 2016/2017; dito gañad@r anunciarase no concerto-homenaxe Sons de Maio para Manuel María, que terá lugar o xoves día 19 de maio, ás 19:00 horas na Praza de San Marcos de Lugo.

 @s 10 finalistas do IV certame de debuxo "Os instrumentos da Música Tradicional Galega" son:

- MARIÑA MOLINOS FERNANDEZ do CEIP Luis Pimentel

- BRAIS VAZQUEZ SALVADOR do CEIP Illa Verde

- XOEL RON GONZALEZ do CEIP Anexa

- LUCA CORREDOIRA VAZQUEZ do CEIP Luis Pimentel

- RITA PEREZ ABELLEIRA do CEIP Menendez Pelayo

- CANDELA RAMOS VAL do CEIP Sagrado Corazón

- MART NOVOA ORBAN do CEIP Quiroga Ballesteros

- FURUNACHO VAZQUEZ GARCIA do CEIP Illa Verde

- ZELTIA REGUEIRO VAZQUEZ do CEIP Casás

- ALICIA RODRIGUEZ DIEGUEZ do CEIP Illa Verde

O xoves 19 de maio ás 19:00 horas na Praza San Marcos de Lugo contamos con tod@s vos!!!!!