Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A Escola de Música Municipal de Meira organiza a presentación do libro ‘Siderio de vilarmide’

A Escola de Música Municipal de Meira organiza a presentación do libro ‘Siderio de vilarmide’

Varios

 cartazsiderioA Escola de Música Municipal de Meira  fará unha presentación do libro Siderio de Vilarmide publicado pola Editorial Canela. Terá lugar na Casa da Cultura de Meira o vindeiro sábado 7 de maio ás 21h e contará coa actuación do homenaxeado, Desiderio Sampayo, coñecido como Siderio de Vilarmide e haberá unha pequena charla-coloquio a cargo de Pablo Quintana (director da Editorial Can).
Durante a presentación farase unha mención especial por parte da Escola de Música de Meira a Siderio de Vilarmide, pola súa longa traxectoria, mantendo e divulgando a música tradicional na bisbarra de Meira e arredores.
Con esta distinción a Escola de Música Municipal de Meira quere recoñer o gran traballo que “Siderio de Vilarmide” realizou durante a súa traxectoria investigando, recuperando e divulgando a música tradicional da súa contorna.