Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Obradoiros, seminarios, xornadas,... / Obradoiro de pandeiro impartido por Xosé Maceda na Asociación Folclórica Pousos da Area

Obradoiro de pandeiro impartido por Xosé Maceda na Asociación Folclórica Pousos da Area

Obradoiros, seminarios, xornadas,...

obradoiro pandeirosA Asociación Folclórica Pousos da Area organiza un obradoiro de pandeiros impartido por Xosé Maceda que consistirá en coñecer e aplicar as técnicas básicas para a construción dun pandeiro tradicional de pel cosido a man.

A este cursiño pode apuntarse calquera persoa interesada na elaboración dun pandeiro cadrado (non se precisan coñecementos previos). @s alumn@s irán adquirindo os coñecementos a medida que os poñen en práctica e ademais levaranse o pandeiro que confeccionen ó rematar o curso.

A duración de dito curso será de 4 horas e conta con 12 prazas. Podes inscribirte ou solicitar mais información enviando un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou chamando ao 671 932 328 do 2 até o 27 de maio.

Data obradoiro: 29 de maio ás 17 h.

Lugar: Local Social de Cantodarea, Marín (en fronte á igrexa parroquial).

Prezo: 50 € Socios, 60 € Non socios.