Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / II ENCONTRO DE GAITEIROS MANUEL VILLANUEVA

II ENCONTRO DE GAITEIROS MANUEL VILLANUEVA

Varios

Os días 1, 2 e 3 de xuño celebrarase en Poio o II Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste.

Entre as actividades organizadas destacan: relatorios, o IV concurso de gaiteiros MANUEL VILLANUEVA, xuntanza de gaiteiros e moitas mais novidades que podedes consultar neste nova. Non vos esquezades de acudir e participar da nosa música tradicional.

Actividades do encontro 1.- RELATORIOS a cargo de prestixiosos especialistas para o estudo da gaita galega no contexto do gaitas de fol do noroeste peninsular no que se analizan as distintas variantes morfolóxicas do instrumento por áreas xeográficas.

GALICIA
- A entonación da gaita galega: pasado e presente.
Carlos Real e Manuel Fernández. Investigadores, Grupo de gaitas Asubío

ASTURIAS
- La gaita asturiana: características y evolución
J. Alfonso Fernández. Director del Museo de la gaita de Gijón

CANTABRIA
- La gaita cántabra
Roberto Diego. Director de la Escuela de Música Popular Cántabra de Santander

LEÓN
- La gaita en el oeste de la provincia e León
Rafa Busto. Grupo Folclórico Cultural Alegría Berciana


2.- IV Concurso de Gateiros MANUEL VILLANUEVA a través do que se potencia e se difunde o repertorio da tradición gaitística de Poio e tamén se recupera a gaita tumbal con ronquillo de dixitación pechada que tivo presencia no noso municipio e mais en Pontevedra até a súa desaparición a mediados do s. XX. Poderán participar todos os gaiteiros que vo desexen con gaita galega en calquera tonalidade e dixitación.

PREMIOS:

1º Premio ......................................................... 1.200 €, diploma e trofeo
2º Premio ........................................................... 900 €, diploma e trofeo
3º Premio ............................................................ 600 €, diploma e trofeo
Premio especial MANUL VILLANUEVA ....... 600 €, diploma e trofeo


O concurso gravarase en directo co fin de editar un CD.

3.- XUNTANZA DE GAITEIROS é unha romaría na que non faltan polbeiras e rosquilleiras, así como artesáns de instrumentos tradicionais, de coiro, etc. Durante todo o día hai un escenario con micros abertos dende as 10 h para a participación musical libre de todos aqueles solistas ou grupos de música tradicional que o desexen.



Como actividades paralelas presentarase o CD do III Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA, haberá alboradas a cargo de grupos locais, actuación de gaiteiros tradicionais e concertos.

Toda a información no folleto adxunto: horarios, prazos e enderezos para a inscrición nas distintas actividades, bases do concurso, etc...

Oscar Ibáñez
http://www.oscaribanez.com
+34 626 825 442