Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Concursos e Certames / V Memorial Antonio Fernández

V Memorial Antonio Fernández

Concursos e Certames

 oschaneirosA Asociación Artístico Cultural “Os Chaneiros”, coa colaboración do Concello de Marín  ten o orgullo de poder volver a honrar a memoria, e destacar a figura do noso ben querido cofundador e compositor do propio Grupo de Gaitas, Don Antonio Fernández Rodríguez.

Coa meta de seguir perpetuando o Memorial e co fin de rememorar os maravillosos intres de anos pasados, xa se está a preparar o V Memorial Antonio Fernández, co fin de recordar o seu nome e ensalzar a súa obra, non só polos veciños de Marín, senón tamén en toda Galicia.

 (Para ler a nova completa clic no título)

Como as pezas de Antonio Fernández estaban compostas na súa gran maioría para rapaces, por iso, o concurso de cuartetos de gaitas e percusión tradicional galega., que se celebrará o Sábado 23 de Xullo na Alameda Rosalía de Castro de Marín, Pontevedra, irá enfocado a estes pequenos artistas.

A data límite de presentación de solicitudes será o día 15 de Xullo

Categoría única: Entre 8 e 20 anos, ambos inclusive.

Premios:
Primeiro Premio: Trofeo e 200 €
Segundo Premio: Trofeo e 100 €
Terceiro Premio: Trofeo
*Os dez primeiros cuartetos serán gratificados con 40 € en concepto de achega para os gastos de desprazamento.

Ademais,  xunto co concurso celebrarase o Festival do Memorial, o día 10 de Xullo.

Mais información: