Vitor Otero fainos unha lembranza do Gaiteiro Perfecto Árias Cerceda no Recuncho da Palleta
Venres, 29 Abril 2016 08:19
No Recuncho da Palleta deste domingo, 1 de maio, Vitor Otero falará sobre a figura de Perfecto Árias Cerceda (1926-2010). Gaiteiro nado en Guntín (Lugo) que tocou, entre outras agrupacións, nos Enxebres de Lugo. No programa falaremos da súa traxectoria como gaiteiro e escoitaremos algúns dos temas que nos deixou rexistrados nunha gravación caseira do ano 2007.
Non te perdas este domingo 1 de maio, de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.
Fotografía: Ana Arias Saavedra