Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / X edicición da Noite de Fiadeiro

X edicición da Noite de Fiadeiro

Varios

 x noites o fiadeiroA Asociación Cultural Rebulir, en colaboración co Concello de Ramirás teñen practicamente ultimados os preparativos da que será a Décima Edición da Noite de Fiadeiro. Esta festa ten por obxectivo recuperar a esencia dos antigos fiadeiros da comarca onde os mozos xuntábanse para cantar, bailar, ou simplemente gozar dun ambiente festivo.

A cita terá lugar o Sábado 28 de Maio en Vilavidal,  sendo o lugar de San Andrés o centro neurálxico das actividades. Desta maneira, os visitantes poderán gozar durante toda a xornada de decenas de postos de artesanía e gastronomía, obradoiros, actividades lúdicas, teatro de rúa, animación musical, concertos, demostracións... e como non, da intervención dos grupos de música tradicional chegados das catro provincias galegas.

 (Para ler a nova completa clic no título)

x noites de  fiadeiro 4

Sendo esta a décima edición do encontro a organización quere contar con aqueles grupos que deixaron maior pegada persoal e artística. Así, chegarán a ser máis de 30

os colectivos participantes, o que asegura horas de diversión e baile.

A Asociación Rebulir aproveitará tamén este encontro para anunciar os actos que darán peche á celebración do seu décimo aniversario, que comezaron co Décimo Festival Internacional Rebulir, o cal tivo lugar o pasado Decembro de 2015.

Máis información sobre a X Noite de Fiadeiro en www.noitedefiadeiro.com e www.rebulir.com.