Postura do CMTF na implantación da Banda de Gaitas da Deputación no Deza
Luns, 09 Maio 2005 14:04
O claustro da As. do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín reunido co fin de avaliar o subsidio concedido pola Deputación Provincial de Pontevedra á Asociación de Bandas de Gaitas manifesta:1.- Que a nosa postura contraria a dito subsidio, non pon en dúbida a profesionalidade das persoas perceptoras das mesmas.
2.- Que no concello de Lalín hai unha ampla oferta educativa en materia musical con a Escola da Banda, o Conservatorio Oficial, o Conservatorio Folque e a Escola Folque Infantil (proxeto novo en Galiza e unha aposta firme polo ensino da música popular) sostida integramente polos pais-mais do alumnado.
Mais información
O claustro da As. do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín reunido co fin de avaliar o subsidio concedido pola Deputación Provincial de Pontevedra á Asociación de Bandas de Gaitas manifesta:
1.- Que a nosa postura contraria a dito subsidio, non pon en dúbida a profesionalidade das persoas perceptoras das mesmas.
2.- Que no concello de Lalín hai unha ampla oferta educativa en materia musical con a Escola da Banda, o Conservatorio Oficial, o Conservatorio Folque e a Escola Folque Infantil (proxeto novo en Galiza e unha aposta firme polo ensino da música popular) sostida integramente polos pais-mais do alumnado.
3.- Que en cuestión de música tradicional e concretamente en clases de gaita e percusión, o conservatorio Folque e a Escola Folque Infantil imparten un ensino cun proxecto curricular e uns principios pedagóxicos que pode ser consultados no centro. Este proxecto curricular foi deseñado despois de 5 anos de docencia cando en Galiza non existia-nen existe proxecto curricular para tal música nun centro coma o noso.
4.- Que o persoal contratado polo Conservatorio Folque ten unha dilatada experiencia profesional, cun currículo extenso tanto no ensino como nas súas respectivas carreiras profesionais. Que apostaron e apostamos polo proxecto e sobre 11 persoas teñen o 70% dos seus recursos nel, e temos tamén a potencialidade de abrir camiños e postos de traballo para o alumnado que queira profesionalizarse.
5.- Que desconfiamos dos proxectos consistentes en desembolsar grandes cantidades de diñeiro sen unha planificación a longo prazo, cunha política que apoia os proxectos realizados en función mais do oportunismo político e pre-electoral que de verdadeiro interese cultural.
Por todo isto consideramos absolutamente necesario que os responsables da deputación teñan en conta os proxectos xa en marcha, procuren o consello e o consenso dos profesionais que como o Conservatorio Folque levamos anos de experiencia docente e artística e que entendan que as axudas económicas deben servir para un fortalecemento do tecido educativo existente e non para seguir a criar fisuras e frontes a cada volta máis irreconciliables.
En Lalín a 7 de Maio.
Equipo docente e de producción da As. do Conservatorio de Música Tradicional e Folque e da Escola Folque Infantil.