Venres, 22 Abril 2016 09:00
O vindeiro martes 26 de abril en horario de 12:45 a 13:45 horas, a Tradescola colaborará co Proxecto Galauda impartindo un concerto didáctico de música tradicional no salón de actos do Centro Lug2 (Rúa Pintor Corredoira, 4, Lugo) dirixido aos alumn@s de 1º da ESO de El Casal (Castellar del Vallès, Barcelona), que forman parte deste proxecto educativo intercultural, e que nesta ocasión estarán acompañados pol@s alumn@s de 5º de primaria do CEIP Anexa de Lugo.
O Proxecto Galauda, naceu na Secció de Filologies Gallega e Portuguesa da Universidade de Barcelona, é un proxecto educativo intercultural que pretende provocar nos adolescentes unha percepción da diversidade lingüística e cultural como unha necesidade incuestionable para as sociedades actuais.
Neste concerto didáctico, que impartirán os mestres da Tradescola Bruno Villamor e Xabi Iglesias, @s escolares coñecerán os distintos instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos e os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.
Mais información:
Tradescola - 982 22 99 66





