Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Tradescola / A Tradescola organiza dous obradoiros de regueifas no CEIP Álvaro Cunqueiro e no IES San Rosendo de Mondoñedo

A Tradescola organiza dous obradoiros de regueifas no CEIP Álvaro Cunqueiro e no IES San Rosendo de Mondoñedo

Tradescola

cartaz odtrad mondoedo2016-01A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, achegarase ao CEIP Álvaro Cunqueiro e o IES San Rosendo de Mondoñedo para impartir dous obradoiros de regueifas que terán lugar o luns día 25 de abril de 15:00 a 16:30 e de 16:45 a 18:15 horas. Con estas xornadas, a Tradescola pretende achegar a tod@s @s rapaces e rapazas a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico.

Os obradoiros estarán impartidos por Josinho da Teixeira, mestre regueifeiro da contorna de Vigo, leva recorrido Galicia denda hai anos levando a improvisación e a tradición da música oral de Galicia por todolos rincóns do país.

@s alumn@s de 5º e 6º de Primaria do CEIP Álvaro Cunqueiro e de 4º da ESO do IES San Rosendo coñecerán a historia do arte da improvisación en todo o mundo, centrándose na regueifa con mais presenza en Galicia, onde traballarán o ritmo, a técnica, a rima así como coñecer os numerosos para improvisar.

Mais información:
Tradescola - 982 22 99 66