Luns, 11 Abril 2016 14:28
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, achegarase ao CEE Santa María de Lugo para impartir unha nova xornada de música tradicional que terá lugar o mércores día 13 de abril as 11:00 horas. Con estas xornadas, a Tradescola pretende achegar a tod@s @s rapaces e rapazas a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico.
Neste concerto, que estará impartido polos mestres da Tradescola Xabier Iglesias, Branca Villares e Jose Manuel López (Josele), amosaránlles os instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos e os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.
Mais información:
Tradescola - 982 22 99 66





