Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Concursos e Certames / I Certame de Gaitas homenaxe ao gaiteiro Pepe Temprano

I Certame de Gaitas homenaxe ao gaiteiro Pepe Temprano

Concursos e Certames

i certame gaitas 2016 pepe temprano wO Concello de Bergondo convoca o I Certame de Gaitas homenaxe ao gaiteiro Pepe Temprano.

O I Certame de gaitas "homenaxe a Pepe Temprano" terá lugar no Centro Sociocultural A Senra (Bergondo) o día 17 de maio a partir das 18.00 horas. A interpretación no concurso constará de dúas pezas de libre elección que no seu conxunto non poderán exceder o tempo máximo de 8 minutos. As pezas poderán ser tradicionais galegas ou de autor, sempre vinculadas á música tradicional galega e idóneas aos instrumentos cos que se interpretan.

 (Para ler a nova completa clic no título)

INSCRICIONS: Ata o 6 de maio de 2016 ás 14:00 horas

REQUISITOS:

Poderán tomar parte todos os grupos de música tradicional galega que o desexen, sempre e cando estean constituidos ao redor da figura do gaiteiro como principal eixe vertebrador.
Estas formaciones podrán estar integradas por un mínimo de 4 y un máximo de 15 componentes.
Estas formacións poderán estar integradas por un mínimo de 4 e un máximo de 15 compoñentes.
Serán permitidos todos aqueles instrumentos tradicionalmente empregados en diferentes conxuntos instrumentais nos que a gaita é protagonista, como clarinetes, saxofones, acordeóns, requintas, tambores, pandeiretas, bombo, caixa ou calquera outro instrumento vinculado á historia destas formacións.
Todos os cuartetos de gaita, quintetos, charangas ou músicas, requinteiros, coros de gaitas poderán concorrer neste certame.
Todos os instrumentos serán de formato e feitura tradicional quedando expresamente excluídas as percusións de alta tensión e as gaitas denominadas "marciais".
Os participantes vestirán obrigatoriamente co traxe tradicional galego.

REMUNERACIÓN:

Primeiro premio: 1.000 euros

Segundo premio: 300 euros

Terceiro premio: Mención e agasallo

PÁXINA WEB: www.bergondo.es

CONTACTO:

Concello de Bergondo
Estrada da Coruña, 12
5165 Bergondo (A Coruña)
Telf. 981 79 12 52

Publicación: BOP 21-03-2016