Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / AGG / Axeigo preséntanos a súa primeira maqueta no Recuncho da Palleta

Axeigo preséntanos a súa primeira maqueta no Recuncho da Palleta

AGG

 lumenapalleiraEsta semana, o son da ondas do "Recuncho da palleta" dentro do programa "Lume na palleira" conducido por Emilio Españadero estará protagonizado por Axeigo, coa presentación da súa primeira maqueta.

Ao xeito galego... Axeigo é un grupo de cinco rapaces de 2º da ESO do Colexio Fingoi de Lugo, e que pertencen tamén ao Centro de Música Fingoi. Dirixidos polo seu mestre Pepe Vaamonde, realizan este seu primeiro traballo discográfico abordando un repertorio diverso e pensado esencialmente para gaitas e percusións, mais tamén enriquecido con outros intrumentos como os pitos (frautas de bico), oboe, voz, acordeón, violín... O resultado é un disco rico en timbres e con moita frescura e naturalidade, tamén por ser gravado "ao vivo", e que entronca perfectamente coa filosofía da música tradicional galega de sempre, verdadeira e directa.

Para saber quen son, escoita este domingo de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.