Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Lume na Palleira / Coñece o Universo Frebudo en Lume na Palleira

Coñece o Universo Frebudo en Lume na Palleira

Lume na Palleira

 

frebudosEste domingo da man de Vitor Otero, gaiteiro compoñente do grupo Os Minhotos e membro da directiva da AGG , imos coñecer en Lume na Palleira, programa da CRTVG guiado por Emilio Españadero, O Universo Frebudo.
Arredor de Os Frebudos; antes Airiños da Freba, vívese a festa como unha relixión. Moito máis que un grupo de músicos, Os Frebudos son axitadores das foliadas en Lugo e arredores, un grupo de amigos e amigas que veneran a música do país cos pés na terra e a cabeza na vindeira foliada.
Para saber quen son, escoitar o qué fan e ver de qué van, escoita este domingo de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.