Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Cursos / Curso de Interpretación de Instrumentos Populares Galegos

Curso de Interpretación de Instrumentos Populares Galegos

Cursos

vaamondeSuso Vaamonde impartirá nos próximos meses un obradoiro de interpretación de instrumentos Populares Galegos no Campus de A Xunqueira de Pontevedra, Facultade de Enxeñaría Forestal.

Con este curso composto de 30 horas de duración e dous niveis de dificultade, podes aprender a tocar diferentes instrumentos populares galegos:

Iniciación: destinado todo o alumnado interesado en coñecer calquera dos instrumentos que se ofertan e non teña ningún tipo de coñecementos, nin teórico nin práctico, dos mesmo.

Perfecionamento: Destinado ao alumnado que xa tivera contacto con calquera tipo de instrumento popular.

Horarios: 22 de febreiro; 7,14 e 28 de marzo; 4,11,18, e 25 de abril e 2 e 9 de maio de 2016. De 16:00h. a 19:00h.

Prezo: 40 euros para os non universitarios e 26 euros para os universitarios (Recoñecido con 2 créditos L.E./ 1 crédito ECTS.)

¡Reserva a túa praza!

Mais información en Universidade de Vigo.