Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Tiruleque nas festas de San Brais

Tiruleque nas festas de San Brais

Varios

 

san brais

 Tiruleque viaxará o vindeiro Sábado 30 de xaneiro ata terras ourensás para participar nas Festas de San Brais de Laroá (Xinzo de Limia) 2016.

Outro concerto que ten o grupo galego na súa axenda será no bar "A COVA CÉLTICA" de A Coruña o día 26 de febreiro as 22:00 horas.

A súa historia

Na primavera de 2002 nace como proxecto TIRULEQUE, consecuencia das inquedanzas musicais de cinco rapaces, todos eles chegados do mundo da música tradicional.

(Para ler a nova completa clic no título)

TIRULEQUE leva percorrido a xeografía galega e estatal, deixando constancia da calidade dos seus directos coa participación en festivais de recoñecido prestixio, como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Pardiñas ou Beltaine-Avilés Intercélticu. A nivel internacional participou representando a Galicia no 41º Festival Intercéltico de Lorient. Tamén ten compartido escenario con artistas da talla de Milladoiro, Susana Seivane, Treixadura, Quempallou ou Kepa Junkera, entre outros.

Bebendo nas fontes desa tradición musical galega -tanto a través de recollidas como recurrindo aos cancioneiros- pero tendo tamén presentes outras moitas influencias, o grupo tenta fuxir de “etiquetas” que limiten a súa capacidade creativa, sentíndose simplemente identificado co termo “música galega” nun intento de clasificar o seu estilo. Neste aspecto, a máxima de TIRULEQUE é acadar o seu propio son, identificable tanto en temas tradicionais como nas composicións propias, campo polo que o grupo mostra unha maior predilección.

Mais info: www.tiruleque.com e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo