Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / AGG / O recuncho da palleta

O recuncho da palleta

AGG

lumenapalleiraComo ven sendo habitual, o domingo a Asociacion de Gaiteiros voltará a CRTVG, ao espazo o "Recuncho da palleta" dentro do programa "Lume na palleira" conducido por Emilio Españadero. Nesta ocasión será a través das verbas de Xaime Estévez, que falará dun tema tan importante como é "as mulleres gaiteiras na música galega", a interesante evolución na participación da muller como instrumentista gaiteira en Galicia. Aínda habendo precedentes coñecidos non houbo ningunha gravación editada de gaiteiras solistas ata os anos noventa do século pasado, vinte anos hai pois nos que a muller consegue ter algún un papel tan importante como o dos homes no que se refire á interpretación do noso instrumento. Escoitaremos pois seguindo nunha orde cronolóxica, varios exemplos importantes das distintas edicións discográficas que teñen a distintas gaiteiras como artistas principais : Susana Seivane, Cristina Pato, Magoia Bodega ou Mercedes Peón entre outras.