Curso de arranxo e montaxe de temas para formato gaitas e percusión
Xoves, 10 Decembro 2015 15:40
O vindeiro sábado 19 de decembro do 2015 en Godos terá lugar un curso de ARRANXO E MONTAXE DE TEMAS PARA FORMATO GAITAS E PERCUSIÓN, impartido por SUSO VAAMONDE.
Obxectivos:
Interpretar tres temas con gaitas e percusión galegas nun formato “agrupación”.
(Prema no título para ler a nova completa)
Método:
Aprender tódalas voces dos temas, afinación, ornamentación e dinámica. Asimesmo, aprender tódolos toques da percusión, memorizalos e interpretalos correctamente.
Temas:
Xota de Xestoso do Lor
Por ser contrapuntística, e non facer dúos por terceiras. Tratamento do modo menor.
Plantilla: gaitas en dó, tambor, bombo e pandeireta.
Marchas Procesionais
Por ser un tema armonizado para catro voces, en gaitas do mesmo tono.
Plantilla: gaitas en dó, tambor e bombo.
Himno de Galicia
Por ser un tema “obrigado”, e “nunca ben tocado”, con arranxo para gaitas en dúas tonalidades.
Plantilla: gaitas e dó e sol, tambor, bombo e pandeireta.
Obxervacións:
Non é preciso ter coñecementos de lectura musical. Só ter gaita en Dó ou en Sol. Tamén se precisa (cando menos) un tambor, un bombo e unha pandeireta: que se animen os percusionistas!!!
Durante a montaxe dos arranxos, ensinaráse todo o relacionado con eles: afinación, ornamentación, dinámica... interpretación en xeral.
ORGANIZA: MAQUÍA GAITEIROS