Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A AGG lamenta fondamente o pasamento de D. Xosé Neira Vilas

A AGG lamenta fondamente o pasamento de D. Xosé Neira Vilas

Varios

neira vilasHoxe temos que  lamentar o pasamento de D. Xosé Neira Vilas, unha triste perda irreparable para as Letras Galegas; foise un galego de cerne, un referente, un anaco da nosa lingua e da nosa Cultura.

 

Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos compartimos a dor e lamentamos fondamente a súa perda.

O funeral celebrase na parroquia de Santiago de Gres, mañá día 28 ás 17:30 h. e posteriormente recibirá sepultura no panteón familiar.

Que a terra lle sexa leve, Don Xosé. DEP