Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / AGG / VI Xornadas de baile tradicional en Santiago de Compostela

VI Xornadas de baile tradicional en Santiago de Compostela

AGG

 cartaz x.baile stgo peqA Asociación de Gaiteiros Galegos organiza unha nova xornadas para tod@s os amantes do baile tradicional. Será a VI edición das Xornadas de Baile Tradicional, e terán lugar o vindeiro sábado 05 de decembro en Santiago de Compostela.

Estas xornadas, que naceron coa intención de cubrir a demanda existente por parte d@s nos@s asociad@s e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, desenvolveranse no Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Virxe de Fátima, 1 – Santiago de Compostela).

Haberá dous obradoiros:

Ás 10.00 horas: Manolo Cobas

"O baile na zona de Tabeirós e o Deza"                

Ás 12.00 horas : Xabier Iglesias

"O baile na Chaira"

Prazas limitadas!!!!

As inscricións e reservas de praza poderán facerse a través dos teléfonos 986 847 074 ou 982 229 966 ou enviándo un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Estas xornadas serán gratuítas para @s soci@s da Asociación de Gaiteiros Galegos e terán un custe de 15€ para non soci@s.

Animádevos a participar!!!