Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / I Xornadas sobre o Serán

I Xornadas sobre o Serán

AGG

cartaz sera peqComo xa vos anunciabamos hai uns días, o vindeiro 28 de novembro dende a Asociación de Gaiteiros Galegos organizamos a I Xornada sobre o Serán, na Casa da Veciñanza de Pazos de Borbén, berce dos seráns do pasado século e xermolador do seu rexurdimento.

Teremos o pracer de poder disfrutar coa participación de grupos de pandereteiras tan históricos da zona como son, as Pandereteiras de Sequeiros e a Ermida, as Pandereteiras de Toutón, Pandereteiras de Gargamala, Pandereteiras de San Vicente de Oitavén e As Pandereteiras do Lecer de Pazos.

Teremos tamén durante as xornadas, un espazo especial no que se lle rendirá unha merecidísima homenaxe a Domingo Amoedo, unha das persoas que dedicaron parte da súa vida a poder recuperar algo tan importante da nosa tradición e cultura como son os Seráns.

Programa:

SABADO 28 DE NOVEMBRO

16.30h – Homenaxe a Domingo Amoedo
             Colocación dunha placa e plantación dunha unha árbore no lugar de A Ermida.

17.30h – Homenaxe a Domingo Amoedo: Proxección audiovisual
             Subida á casa de Pazos. Proxección audiovisual sobre a vida de Domingo.

18.00h – Mesa redonda
              Os seráns. A cargo das pandereteiras convidadas.

19.30h – Serán
             Serán a cargo dos grupos de pandereteiras convidados: Pandereteiras de Sequeiros e A Ermida, Pandereteiras de Toutón,  Pandereteiras de Gargamala, Pandereteiras de San Vicente de Oitavén e Pandereteiras do Lecer de Pazos

20.30h - Peche
             Clausura do acto con foliada aberta!!