Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / AGG / A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza as I Xornadas sobre o Serán

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza as I Xornadas sobre o Serán

AGG

 cartaz peqOs seráns son o reflexo da identidade social e cultural do noso pobo, un dos mellores exemplos do Patrimonio Cultural Inmaterial que temos en Galicia, e dende a AGG  consideramos unha labor indispensable poñer en valor esta riqueza que nos identifica.
Por iso, o vindeiro 28 de novembro dende a Asociación de Gaiteiros Galegos organizamos a I Xornada sobre o Serán, no que desfrutar non só da música e do baile senón tamén como escenario de charlas, coloquios, mesas redondas e conferencias sobre a súa temática. Será en Pazos de Borbén, berce dos seráns do pasado século e xermolador do seu rexurdimento.
Nos vindeiros días iremos contando mais detalles, pero anota a cita na túa axenda, pois sen dúbida é unha cita que non querrás perderte!!!