ESCOLA DE GAITAS DE ORTIGUEIRA: Iª XORNADA DO FOLCLORE E GAITA
Venres, 06 Maio 2005 16:37
“ESCOLA DE GAITAS DE ORTIGUEIRA”“Iª XORNADA DO FOLCLORE E GAITA”
Con motivo do 30 aniversario da fundación da Escola de Gaitas de Ortigueira, esta institución está a organizar a “Iª XORNADA DO FOLCLORE E GAITA” que terá lugar en Ortigueira o vindeiro sabado día 14 de maio.
A xornada quere reivindicar o papel da gaita galega dentro da cultura tradicional lonxe de estereotipos importados e alleos á cultura galega.
Mais información
“ESCOLA DE GAITAS DE ORTIGUEIRA”
“Iª XORNADA DO FOLCLORE E GAITA”
Con motivo do 30 aniversario da fundación da Escola de Gaitas de Ortigueira, esta institución está a organizar a “Iª XORNADA DO FOLCLORE E GAITA” que terá lugar en Ortigueira o vindeiro sabado día 14 de maio.
A xornada quere reivindicar o papel da gaita galega dentro da cultura tradicional lonxe de estereotipos importados e alleos á cultura galega.
A Escola de Gaitas de Ortigueira (Decana das de Galicia) ten preparado unha programación que abrangue desde alboradas e pasarruas a concertos folc e a unha festa gastronómica de confraternización. Como principal atractivo terá lugar o Iº Concurso de Música Tradicional “Escola de Gaitas de Ortigueira” que se celebrará no Teatro de Beneficencia que xuntará os principais cuartetos e quintetos de gaitas de Galicia a competir por un dos premios de maior dotación económica do momento.
O final da xornada terá lugar un concerto folc coa presencia do grupo de gaitas “Os Zarambeques” (Ortigueira), o grupo folc “Bagoa de Raiña” (Ortigueira) e para rematar o grupo “Mondopetriz” de San Sadurniño. Durante o Concerto se servirá unha queimada popular.
Entrevista con Juan Cao García Presidente da
Escola de Gaitas de Ortigueira.
- Neste ano 2005 a Escola de Gaitas de Ortigueira cumpre 30 anos dende a sua fundación. Que pretende o seu presidente con esta Xornada adicada a Gaita Galega.?
- En primeiro lugar reivindicar o papel da gaita galega nas festas populares e a vixencia das formacións tradicionais dentro da programación da cultura popular de Galicia, e en segundo lugar facer unha pequena homenaxe a aqueles precursores da Escola de Gaitas de Ortigueira na figura do seu fundador Xabier Garrote Cobelo e ó mesmo tempo facer una festa de confraternidade da Escola de Gaitas con todo o pobo de Ortigueira.
- Quixeron poñerlle o nome de Xabier Garrote o concurso de gaitas e Xabier non ó aceptou, que pasou?
- Xabier é unha persoa excepcional e una das suas virtudes e a modestia. Cando o informamos de que queriamos poñerlle o seu nome o Iº Concurso de Música Tradicional Xabier no lo agradeceu moitisimo pero dixo que non podía aceptalo xa que él decía que tanto a Escala de Gaitas como o Festival do Mundo Celta foron unha labor colectiva de moita xente e non quería que se fixera unha homenaxe a un solo individuo e que se debia facer a todo o colectivo que traballou para conquerilo.
- Ademais do concurso de gaitas teñen unha programación mui completa para o día 14 de maio.
- Para nos e mui importante que a nosa festa seña tamen a de todo o pobo de Ortigueira e temos preparado unha amplisima programación. Dende primeiras horas da mañan Cuartetos de Gaitas recorrerán as ruas da vila e despois o farán varias Bandas de Gaitas. A mediodía faremos un xantar popular na carpa que montaremos na Alameda. O Concurso de Gaitas será no Teatro de Beneficencia a partir das 5 da tarde e, á noite na carpa, será a entrega de premios no transcurso dunha cea popular seguida dun concerto folc que rematará con unha gran queimada e de seguro gran repichoca.
Iº XORNADA DO FOLCLORE E GAITA
PROGRAMA ACTIVIDADES DIA 14 DE MAIO 2005
ESCOLA DE GAITAS DE ORTIGUEIRA
10.00 DIANAS E ALBORADAS
Cuartetos de gaitas
o RONSEL (Ortigueira)
o ZARAMBEQUES (Ortigueira)
o CHACARRANDAINAS (Ortigueira)
o OS ENXEBRES (Ortigueira)
o OS SUPLENTES (As Pontes)
12.00 PASARRUAS DE BANDAS
o TOXOS E FRORES (Ferrol)
o AGARIMO (Catabois)
o SAN XIAO DO TREBO (Cariño)
o CACHARELA (Covas)
13.00 BAILE TRADICIONAL (Carpa Alameda)
o GAMELAS E ANDURIÑA (Espasante)
14.00 XANTAR POPULAR (Carpa Alameda)
o CALLOS
o EMPANADA
o PAN E VIÑO
17.00 CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL (Teatro de Beneficencia)
20.00 CEA POPULAR (Carpa Alameda)
o CARNE Ó CALDEIRO
o PAN E VIÑO
22.00 ENTREGA PREMIOS DO Iº CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL. (Carpa Alameda)
23.00 CONCERTO FOLC (Carpa Alameda)
o ZARAMBEQUES (Ortigueira)
o BÁGOA DE RAIÑA (Ortigueira)
o MONDOPÉTRIZ (San Sadurniño)
00.00 QUEIMADA POPULAR