Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concertos / Uxía e Xabier Díaz cántanlle a Manuel María polo seu aniversario

Uxía e Xabier Díaz cántanlle a Manuel María polo seu aniversario

Concertos

mmariaO concerto vaise gravar para a súa posterior publicación

O auditorio da Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei acollerá hoxe martes 6 de outubro, día do 86 aniversario do nacemento de Manuel María, unha actuación musical de Uxía. Será un concerto de carácter gratuíto que dará comezo ás 20 horas, con entrada libre até completar o aforo do auditorio (antiga palleira da casa natal do escritor), no que a cantante contará coa colaboración e o talento de Xabier Díaz. O recital fará de prólogo a un ano que se prevé intenso e vizoso en todo tipo de proxectos e iniciativas arredor de Manuel María e da Casa-Museo, co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas de 2016 que vai honrar ao poeta chairego.

O concerto é a forma que collerá este ano a xornada anual de amigas e amigos da Fundación, que desde o ano pasado instituíuse coincidindo coa data do nacemento de Manuel María. A xornada naceu para ser un espazo de encontro, fraternidade e diálogo entre o amplo grupo de persoas que ao longo do ano prestan o seu apoio, humano e económico, ao sostemento da Casa-Museo e á actividade que a Fundación desenvolve.

O espectáculo ten, ademais, a particularidade de que será gravado ao directo para ser incorporado a unha inminente publicación de textos seleccionados de Manuel María. Malia a súa gratuidade, por razón de aforo do espazo, cómpre reservar entrada chamando ao teléfono 698 177 621 ou enviando un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

http://www.radiofusion.eu/