Un estudo educativo de Fátimas Santos, valora o folclore como elemento de integración social.
Luns, 05 Outubro 2015 10:39
Fátima Santos Ramos, de Ponche do Porto, é unha graduada en Maxisterio que realizou o seu traballo fin de grao de primaria, especialidade en Música, co tema "Patrimonio Etnomusical do Concello de Camariñas". Trátase dun traballo de campo sobre as particularidades do folclore local e unha reivindicación da importancia da música dentro da educación buscando novos elementos de renovación pedagóxica atractivos para o alumno e á súa vez recuperando o noso patrimonio oral máis tradicional, o máis vulnerable "para conseguir que os nenos aprecien o acervo dos seus maiores e lle vexan utilidade, pero tamén involucrando aos máis vellos na educación nunha interación xeracional, xa que estamos na rexión europea de máis rico folclore vivo".
Cre que apreciar o folclore propio achega á tradición dos demais nunha contorna multiétnica, con nenos de distintas culturas. Un aspecto crave da tesina para a especialista é a "dimensión cultural dá música tradicional en canto as tradicións musicais dun lugar e a presenza dá música en contextos socioculturais locais, nas palilladas, muiñadas e romarías por exemplo". Son obxectivos do estudo, "desenvolver habilidades para apreciar e gozar coa arte e coas manifestacións culturais, mostrando actitude aberta, respectuosa e crítica para diversidade, contribuindo a conservación do patrimonio cultural".
Prema no título para ler a nova completa)
Fátima Santos entende que "a música é unha ferramente pedagóxica de primeira orde porque se instala moitas veces sen resistencia na aprendizaxe dos nenos. A música contribúe a identidade grupal, é fundamental o seu estudo e a análise do folclore en idades temperáns, na primaria". Insiste así na "relevancia da educación patrimonial na escola, recoñecermos o valor dese potencial. A partir da música coñecemos os comportamentos culturais para motivar ao alumno a valorar a súa cultura e a dos demais".
Santos cre que se valoramos o popular, valoramos o noso e o alleo, serve así contra actitudes racistas e para a integración social e cultural do alumnado de distintos países. Buscamos a integración social e cultural do alumnado inmigrante, para que sexa participativo, comprobando a realidade social na que se vive, que os nenos entendan a achega que as diferentes culturas fixeron á evolución e o progreso da humanidade". Así destaca aspectos como "dispoñer dun sentimento común de pertenza a comunidade na que se vive, mostrar un sentimento de cidadanía compatible coa identidade local" e o valor cultural da música como "ferramenta educativa inserida nos hábitos de vida, nos tipos de sociedade, non existe cultura sen música, é un instrumento indiscutible na educación, e se ademais achegamos o lado máis popular estamos transmitindo o patrimonio etnomusical dunha comunidade a través dos xogos, dá diversión e dá creatividade, algo que hoxe todos necesitamos".
Lembra a investigadora o labor da tradición oral na educación e trasmisión de valores noutros tempos ou noutras culturas. A música como pedagoxía para a autora achega "capacidade sensorial e perceptiva, de relaxación e concentración, valoración do silencio; desenvolver capacidades rítmicas, motrices e expresivas do corpo, a capacidade de escoitar; a apreciación dás diferenzas da sociedade para crear un bo ambiente na aula". Lembra así que a Música, as Artes Plásticas, a Educación Física son as materias máis valoradas e as que máis achegan, porque "os nenos aprenden mellor cando se senten útiles, participativos e cunha motivación como eixo principal; dentro dun ambiente positivo, feliz e unido na diversidade". "En todo sistema de ensino aprendizaxe é importante a interdisciplinidade, a globalidade e non perder nunca as ganas de renovarse" lembra a pedagoga.
O traballo de campo mostrou para a autora "a riqueza e singularidade do patrimonio cultural de Camariñas e tamén da súa ría, con elementos de seu como as cantigas das palilladas e muiñadas, as panderetadas de Santa Mariña, as coplas do entroido de Ponte do Porto, as cantigas de escárneo". "Tamén a importancia dunha serie de tradicións musicais, como vellos grupos de gaiteiros, a banda de música da Ponte do Porto, as comparsas do século XX, os regueifeiros de sona". Fátima Santos concluye que "entre os achádegos, recollín cantigas documentadas no século XIX en traballos sobre o encaixe, tamén unha singular peza relixiosa cifrada nun libro de confraría de 1650 (autenticado por Filgueira Valverde), e vellos romances ou coplas adicadas a naufraxios". Y que "foi moi gratificante falar con xente maior como Celestina e Francisco Lema, ou a centenaria avoa de Galicia Avelina Mouzo, por suposto a axuda no labor de investigación de Rafael Lema, que ten o mellor arquivo histórico local".