Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / IV Xornadas de Percusión Tradicional da Asociación de Gaiteiros Galegos con obradoiros de Pandeiro e Pandeira impartidos por Luis Prego na Casa da Cultura do Concello de Brión

IV Xornadas de Percusión Tradicional da Asociación de Gaiteiros Galegos con obradoiros de Pandeiro e Pandeira impartidos por Luis Prego na Casa da Cultura do Concello de Brión

Varios

cartaz xornadas_percusion - peqO vindeiro día 19 de setembro de 2015, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza as IV Xornadas de Percusión Tradicional, que terán lugar na Casa da Cultura do Concello de Brión (Carballeira de Santa Minia, nº 5 , Concello de Brión).

No seu afán de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, a AGG organiza estas xornadas sobre Percusión Tradicional que terán ao Pandeiro e á Pandeira como protagonistas.

O encargado de impartir os obradoiros prácticos destos dous instrumentos será Luis Prego, estudoso e investigador do folclore galego, autor dos libros “Para cantar e bailar” e “ Xogos musicais”, así como de diversos artigos sobre a música e o baile tradicional en revistas e publicacións especializadas. Na actualidade imparte clases de baile, gaita, requinta, acordeón, percusión tradicional e canto en varios concellos da Provincia de Pontevedra.

Os obxectivos destos obradoiros son:

Aprender as bases técnicas destos instrumentos, as prácticas tradicionais que chegaron aos nosos días e as variantes locais.

Crear un punto de encontro para poñer en contacto e establecer unha continua comunicación entre aquelas persoas relacionadas co mundo da percusión tradicional galega.

Estudar as formas e usos destes instrumentos de percusión dentro da música tradicional galega.

Divulgar estos instrumentos e promover o seu coñecemento.

Incentivar o interese dos músicos do país por este instrumento.

A Xornada iniciarase ás 10.00 horas e rematará as 14.00 horas.

As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 (en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas) ou enviando un correo electrónico a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  indicando nome, apelidos e un teléfono de contacto.

Estas xornadas serán gratuítas para @s soci@s da Asociación de Gaiteiros Galegos e terán un custe de 5€ para non soci@s.

@s alumn@s deberán levar os seus instrumentos para os Obradoiros na medida do posible.

As prazas son limitadas por orde de inscrición, Animádevos a participar!!!

Hoxe 15 de setembro temos que informar que xa están a totalidade das prazas cubertas!!!!!