Multitudinaria acollida ao nacemento de Moañesa de Música e Danza
Martes, 01 Setembro 2015 14:14
A tradición e a paixón folk lograron unir un nutrido público de seguidores que quixeron estar presentes no nacemento dun novo grupo que promete traballar ata obter o éxito. A primeira toma de contacto entre a Moañesa de Música e Danza e a súa terra natal, Moaña, foi sobresaínte. Decenas de persoas concentráronse no ámbito do Palco da Música para arroupar a unha banda cuxo obxectivo principal é manter viva a chama da tradición respectando as raíces galegas e a súa cultura.
Para este ansiado nacemento, que chega despois de meses de custoso traballo, os compoñentes de Moañesa de Música e Danza contaron co apoio de cinco grupos con dilatada experiencia. A Banda de Música Airiños do Morrazo, Meiramar-Axóuxeres, Ardora-As Daladarriba de la Asociación de Mulleres de Moaña, Charaviscas de Domaio e ACF Solaina achegaron un amplo repertorio para dar a benvida a un grupo que nace repleto de ilusión e talento.