Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Tirapadiante organiza unha xuntanza de grupos tradicionais

Tirapadiante organiza unha xuntanza de grupos tradicionais

Festivais, Foliadas, Romarías

tirapadianteO grupo Tirapadiante, da Asociación Músico Crisanto, organiza a segunda Xuntanza de Grupos Tradicionais, en Rábade, que se celebrará este sábado a partir das 19.00 horas na Praza de España. Actuarán, ademais dos anfitrións Tirapadiante, Son de Cores e Eudemónicas.

Son de Cores, de Becerreá, é un grupo formado por gaiteiros, percusionistas e voces. Naceu hai tres anos froito das ganas dun grupo con inquietude por facer algo cultural e da terra. Queren poñer o seu gran de area na recuperación da pandeira como instrumento emblemático na zona da montaña.

(Prema no título para ler a nova completa)

Pola súa banda, Endemónicas é un grupo xa consagrado, cunhas integrantes que levan moitos anos na defensa do patrimonio musical e que teñen o apoio incondicional dos seguidores das músicas tradicionáis polo seu bo facer ao longo destes anos.
O grupo “OS Terribles de Donas” pechará o seu ciclo de concertos didácticos do ano 2015 o próximo 28 de Maio no colexio de Peitieiros- Gondomar. Nestes concertos didácticos visitaron colexios de O Rosal, Vigo, A Guarda, Tomiño, Baiona e Gondomar, chegando a máis de mil alumnos de infantil, primaria  e secundaria que gozaron co espectáculo “Onde están Os Terribles” no que invitaban a cantar, tocar e bailar a todos os asistentes contando a historia deste grupo que naceu fai máis de 75 anos e que segue na actualidade coa maioría dos seus compoñentes herdeiros dos fundadores.

http://www.lavozdegalicia.es/