Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Máster en Industria Musical - Segunda edición (2016)

Máster en Industria Musical - Segunda edición (2016)

Varios

master musical Información achegada dende Master en Industria Musical.

SongWriting & MediaScoring
(Autoría de cancións e músicas para a escena e os medios)

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
CAMPUS MÚSICA - UN LUGAR PARA CREAR

Dirixido a:
Creadores con formación musical e autodidactas con paixón por crear música.

(Prema no título para ler a nova completa)

UNHA FORMACIÓN PARA TI
Non poñas límites ó teu talento.
Propoñémosche a oportunidade que estabas esperando para forxar a túa carreira.
A música ten moitos espazos nos que manifestarse.
Expande agora a túa creatividade entre o escenario e a pantalla.
Alterna as túas músicas en máis dunha dirección:
live performance, film scoring, televisión, videojxogos, márketing & publicidade, streaming dixital, industria fonográfica, radio & podcast, novos medios e soportes, vídeo musical...
O futuro está dentro de ti. Dálle un empurrón.
Nós achegámosche as ferramentas para que saia o teu 'duende'.
Porque a creatividade e a autoría son os activos sobre os que se constrúe a nosa industria. Sen compositores non existe Industria Musical.
Unha formación integral que, ademais de desenvolver a túa creatividade, proporciónache as ferramentas necesarias para coñecer a fondo a industria na que vas desenvolver o teu futuro profesional.
Tanto se es un creador autodidacta como se tes formación musical regrada, isto é para ti, porque o talento e a creatividade non saben de formalismos.
O que importa é o resultado.
Non o penses, vén pasar un ano alucinante no noso posgrao intercambiando ideas, cancións e experiencias.

Duración
Un ano, de xaneiro a decembro de 2016

Sede
Facultade de Ciencias da Comunicación
Universidade de Santiago de Compostela (USC) Galicia - España

Tipoloxía
Presencial & OnLine

Preinscrición:
Prazo de preinscrición de 1 a 31 de xullo

Máis información en:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
http://www.masterenindustriamusical.com