Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / 22 Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas

22 Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas

AGG

cartel pardinhas webXa non queda nada para unha das citas máis esperadas do ano dos amantes da música tradicional galega, a 22 Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, que dentro do marco do Festival de Pardiñas, nos permitirá disfrutar do bo facer dunha treintena de artesáns, que a través da súa paixón, dedicación e coñecemento contribuen notoriamente a manter viva a nosa música a través do tempo.
E por suposto contaremos tamén con música, que este ano correrá a cargo das actuacións de "Pelepau" e "As Lagharteiras".
Ademais, tamén están dispoñibles as rifas para o sorteo de instrumentos de música tradicional, no que poderás gañar un dos 5 instrumentos que se sortean e que este ano serán: 1 pandeiro, 1 pandeira, 1 pandeireta, 1 castañolas e 1 tarrañolas.
Anímate a participar, ademáis da oportunidadade de gañar un fantástico instrumento, terás a oportunidade de colaborar coa mostra.

Bases