Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Os Terribles de Donas pechan con dous concertos un ciclo de dez anos

Os Terribles de Donas pechan con dous concertos un ciclo de dez anos

Varios

barciainstrumentosOs Terribles de Donas despiden o seu  primeiro ciclo do século XXI con dous importantes concertos:
En Baiona, o domingo 12 de Xullo as 23 horas.
En San Roque (Vigo) o 17 de Agosto.
Nesta etapa que encetou no 2005/2006 polo empeño de Manolo Sousa, o grupo logra que lle publiquen un monográfico(IEM Ánxeles Bouzó 2006) facer  as súas dúas primeiras gravacións ( Abrollido -2009 e Pedramoura- 2011) actuacións por toda a xeografía galega e Portugal e unha considerable presenza mediática na radio e na televisión na que se lle fai un monográfico no programa Alalá, ademais de diversos reportaxes sobre a súa historia e sobre as súas producións discográficas.

(Prema no título para ler a nova completa)

O grupo decidirá despois desta tempada o seu futuro  xa que varios dos compoñentes  por diversas circunstancias terán que ser relevados.
Estes dous importantes concertos estarán dedicados a lembrar parte do repertorio histórico do grupo, pero tamén a homenaxear a outros gaiteiros históricos como Moxenas, Ricardo Portela, Henrique Otero,Emilio Flores, Benigno Méndez, Airiños do parque de Castrelos ou Os Galiños de Belesar, entre outros. Diversas colaboracións sorpresa farán moi particulares estes concertos. Unha ocasión para agradecer a tódolos membros que pasaron polo grupo, especialmente nesta última etapa etapa, a súa inesquecible achega ó grupo e á música tradicional galega.