Concerto de Fin de Curso da Tradescola
Xoves, 11 Xuño 2015 15:42
O vindeiro martes día 16 de Xuño a partir das 19.00 h, celebraremos o final de curso cun concerto que terá lugar na Praza de Anxo Fdez. Gómez (Lugo). Esta actividade na que actuarán alumnos e profesores da Tradescola porá peche ao curso 14/15.
A Tradescola, contou neste curso con máis de 260 alumnos matriculados, e conta no seu equipo docente con 9 mestres do eido da música tradicional que son os encargados de impartir as aulas de: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e técnica vocal ademais de aulas específicas para os máis pequenos.
Os mestres e mestras implicados neste proxecto educativo son: (Prema no título para ler a nova completa)
RESERVA PRAZAS PARA O VINDEIRO CURSO
Informamos asimesmo que a Tradescola ven de abrir o periodo de reserva de prazas para o vindeiro curso 2015/2016.
Para a reserva de prazas ou para obter máis información pódese dirixir á TRADESCOLA, situada no Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira Nº 4 - LUGO), chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo