Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / #‎QueremosMaisPlanetaFurancho‬

#‎QueremosMaisPlanetaFurancho‬

Varios

 planeta furanchoComo xa vos anunciabamos o pasado venres, a CRTVG decidiu suspender a emisión do programa PLANETA FURANCHO, premiado na pasada edición dos Premios Martín Códax da Música no apartado de “espazos de comunicación musical”, deixando así á Radio Galega Música sen ningún formato de visibilización da música do país. Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos, queremos expresar o noso total desacordo co peche de Planeta Furancho, e unirnos á protesta trasmitímoslle todo o noso apoio aos compañeiros.

Este espazo dirixido por Vituco Neira e que actuou durante máis de 1.400 programas como medio de difusión da música galega terá a súa ultima emisión o venres, 29 de maio. Para evitar que os galegos perdamos o único espazo que nos permite disfrutar das nosas músicas na nosa lingua, mañá xoves 28 de maio hai convocada unha concentración ás 20:30h. na Praza do Toural en protesta do peche do programa e para esixir a continuidade do mesmo.

https://www.facebook.com/groups/436660693168484/