Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / IX Noite de Fiadeiro

IX Noite de Fiadeiro

Festivais, Foliadas, Romarías

 xi noitefiadeiroUn ano máis volta Ramirás a Noite de Fiadeiro, que ao igual que o pasado ano se celebrará o derradeiro Sábado de Maio. De novo retornaremos ao lugar orixinal onde naceu esta celebración, isto é, o Adro da Igrexa de San Andrés, que servirá como epicentro de todas as actividades.

Neste 2015 cúmprese a IX edición da festa, que nacía no 2007 coa intención de recuperar a esencia dos Antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar, e incluso mocear. A organización da mesma está ao cargo da Asociación Cultural e Xuvenil Rebulir, co Patrocinio do Concello de Ramirás, Deputación de Ourense, Abanca, Xunta de Galicia, Socitransa e Bar Gasolinera de Vilavidal; así como a colaboración de diferentes entidades e empresas.

(Prema no título para ler a nova completa)

Neste ano 2015 desde a organización elaboramos un programa de actividades para toda a xornada, que contemplan obradoiros, proxeccións, teatro de rúa, animacións, xogos, concertos... así como a xa tradicional mostra de artesanía e gastronomía con ducias de postos. A gran novidade desta edición é o Fiadeiro Cativo, onde participarán varias escolas de música tradicional, poñendo en valor o que fan os máis cativos durante todo o ano. Chegada as 21 h. máis de 30 colectivos de música tradicional chegadas de todos os recunchos da xeografía galega chegarán a Vilavidal para comezar a actividade central, esto é a Noite de Fiadeiro.

A Noite de Fiadeiro en DATOS:
- Número de colectivos participantes = 33 colectivos (confirmados)
- Número de persoas que actuarán = 326 persoas (membros dos diferentes colectivos), dos cales 45 son nenos e nenas que actuarán no Fiadeiro Cativo.
- Número de postos de artesania = 25 postos
- Horas aproximadas de música ininterrumpida = 10 horas
Queremos recordar unha vez máis que non se trata dun festival ou mostra de música tradicional ou folclórica, senón que é unha festa que implica ao visitante na súa dinámica. Deste xeito, procúrase que se poda bailar, tocar, cantar, ou simplemente disfrutar do ambiente da noite tal e como se facía antano.

Toda a información en www.noitedefiadeiro.com