Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / OS Terribles de Donas pechan o seu ciclo de concertos didácticos

OS Terribles de Donas pechan o seu ciclo de concertos didácticos

Varios

terriblesdonasO grupo “OS Terribles de Donas” pechará o seu ciclo de concertos didácticos do ano 2015 o próximo 28 de Maio no colexio de Peitieiros- Gondomar. Nestes concertos didácticos visitaron colexios de O Rosal, Vigo, A Guarda, Tomiño, Baiona e Gondomar, chegando a máis de mil alumnos de infantil, primaria  e secundaria que gozaron co espectáculo “Onde están Os Terribles” no que invitaban a cantar, tocar e bailar a todos os asistentes contando a historia deste grupo que naceu fai máis de 75 anos e que segue na actualidade coa maioría dos seus compoñentes herdeiros dos fundadores.

https://www.facebook.com/