Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / II CURSO DE TÉCNICA E INTERPRETACIÓN DE GAITA GALEGA

II CURSO DE TÉCNICA E INTERPRETACIÓN DE GAITA GALEGA

Cursos

Os días 10 e 11 de Abril e organizado polo Conservatorio Profesional de Música de Ourense, vaise celebrar o II CURSO DE TÉCNICA E INTERPRETACIÓN DE GAITA GALEGA, impartido polos mestres JUAN BARCÓN PEÑA e BRUNO VILLAMOR GAY.

O prazo de inscrición remata o 4 de Abril e no programa poderedes atopar toda a información necesaria para participar. Animádevos.

Programa do curso PROGRAMA DO CURSO

LUGAR: Conservatorio Prof. de Música de Ourense

DATAS: Días 10 e 11 de Abril de 2007.

HORARIO DO CURSO: De 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00
horas (o horario pode sufrir modificacións en función da
matrícula).

DEREITOS DE MATRÍCULA:
o Alumnos Activos: 60 euros (cada alumno terá dereito
alomenos a unha clase con cada profesor e a participar
nas clases colectivas).
o Alumnos Oíntes: 30 euros (terán dereito a participar nas
clases colectivas).
o As inscricións aboaranse en CAIXANOVA, c.c. 2080
0261 23 0040021780. O boletín de inscrición e
xustificante de pago serán remitidos á Secretaría do
Centro (o prazo de matrícula será dende o 26 de Febreiro
ó 4 de Abril).

A tódolos alumnos participantes no curso entregaráselle, ó
remate do mesmo, un diploma acreditativo de asistencia
acordo ca modalidade elixida.

INFORMACIÓN
Secretaría do Curso
Rúa Pablo Iglesias, s/n
32004 – OURENSE
Teléfono: 988391047 – Fax: 988391971
E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

currículum dos mestres